RCD / NOVAS

O RC Deportivo pecha formalmente a ampliación de capital

19/05/2017 12:45

O Real Club Deportivo de La Coruña S.A.D. pecha formalmente a ampliación de capital coa firma ante Notario no día de hoxe dos acordos corporativos correspondentes á quinta e última fase aprobada pola Xunta Xeral Ordinaria e Extraordinaria de Accionistas do Club celebrada o 25 de novembro de 2014 en segunda convocatoria.

A esta quinta fase da ampliación de capital (entre o 1 de setembro de 2016 e o 31 de xaneiro de 2017) acudiron un total de 1.160 accionistas que subscribiron un total de 14.550 accións, de 60,10 euros de valor nominal cada unha delas, representando un total de OITOCENTOS SETENTA E CATRO MIL CATROCENTOS CINCUENTA E CINCO EUROS (874.455 euros).

Como consecuencia do acordo adoptado pola Xunta Xeral Ordinaria e Extraordinaria de Accionistas do Club de data 21 de novembro de 2014, procedeuse á refundición de todas as series de accións que conformaban o Capital Social do Real Club Deportivo de La Coruña S.A.D. –isto é, levouse a cabo a refundición das anteriores series de accións A, B, C, D e–E , nunha única clase e serie de accións.

Por todo iso, todas as accións representativas do capital social do Real Club Deportivo de La Coruña S.A.D. teñen actualmente idéntico valor nominal de 60,10 euros e outorgan ao seu titular os mesmos dereitos políticos e económicos, atopándose numeradas correlativamente da 1 á 171.255, ambas inclusive.

Así mesmo, e como resultado da execución da ampliación de capital aprobada pola Xunta Xeral Ordinaria e Extraordinaria de Accionistas do Club celebrada o 25 de novembro de 2014 o capital social do Real Club Deportivo de La Coruña S.A.D. quedou fixado na cantidade de DEZ MILLÓNS DOUSCENTOS NOVENTA E DOUS MIL CATROCENTOS VINTE E CINCO EUROS CON CINCUENTA CÉNTIMOS (10.292.425,50 euros), importe que se atopa totalmente subscrito e desembolsado repartido nun total de cento setenta e un mil duascentas cincuenta e cinco accións (171.255), accións representadas por títulos nominativos de SESENTA CON DEZ EUROS (60,10 euros) de valor nominal cada unha, todas elas da mesma clase e serie, numeradas correlativamente da 1 á 171.255, ambas inclusive.

Ao peche da ampliación o Real Club Deportivo de La Coruña S.A.D. conta con 25.333 accionistas, 2.479 máis que os que tiña antes dun proceso no que tamén participaron 3.439 propietarios que xa posuían accións do Deportivo antes da ampliación de capital.