RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O RC Deportivo pechará a súa temporada, a nivel social, o 14 de maio, data límite para conservar antigüidade

O RC Deportivo porá punto final á temporada 2020-2021, a nivel de socios, o vindeiro venres 14 de maio.

Até ese día aínda é posible renovar o abono do Club 2020-2021 para todos aqueles socios que non o fixeron previamente e que queiran conservar a súa antigüidade de cara á próxima campaña.

A partir desa xornada, farase balance final de todos os socios do Dépor 20·21. Os que non figuren nesa lista perderán a súa vinculación co Club en canto ao cómputo de anos asociado consecutivamente e tamén a reserva do seu asento no Estadio.

Para todos aqueles socios do Deportivo que queiran renovar o abono do Dépor 20·21 habilítanse dúas vías. Telemáticamente en https://www.rcdeportivo.es/abonos ou presencial na Oficina de Atención ao Deportivista de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas. Para a xestión presencial é necesario pedir cita previa en http://citaprevia.rcdeportivo.es/ seleccionando a pestana "Último prazo para a renovación de abonos" na parte superior da páxina.

Liberación de asentos

Após a liberación deses asentos, os socios do Dépor 20·21 que desexen cambiar de localidade para a temporada 21·22 poderán facelo entre o 18 e o 28 de maio exclusivamente con cita previa http://citaprevia.rcdeportivo.es/ no mesmo horario de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h. na Oficina de Atención ao Deportivista (Estadio ABANCA-RIAZOR, avenida da Habana s/n) seleccionando a pestana "Cambio de localidade de abonos" na parte superior da páxina.