RCD / NOVAS

O RC Deportivo reduce débeda coa Axencia Tributaria por máis de 5 millóns de euros

03/05/2017 11:50

O Real Club Deportivo procedeu a abonar á Axencia Tributaria 5.467.299,14 de euros (5.073.414,98 de principal máis 393.884,16 euros de intereses) por varios conceptos variables, principalmente correspondentes a dereitos de televisión.

Deste xeito o Club segue atendendo os compromisos adquiridos coa AEAT en cumprimento do convenio singular subscrito entre ambas as entidades para o pago de débeda cualificada como privilexiada.

Ata a data a redución de débeda privilexiada coa AEAT desde a firma do convenio singular, hai tres anos, ascende a 35.933.163,30 euros.