RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O RC Deportivo supera os 25.600 socios o día antes do inicio do campionato

A Oficina de Atención ao Deportivista pechou este mediodía as súas portas cun total de 25.666 socios, despois dos 77 abonos tramitados na mañá de hoxe sábado, dos que 34 foron novas altas e 6 renovacións a través de internet.

Esta fin de semana de comezo da temporada, a atención ao deportivismo nas instalacións do Estadio ABANCA-RIAZOR distribúese entre a Oficina de Atención ao Deportivista e o Palacio dos Deportes de Riazor nos seguintes horarios:

OAD: Domingo 20 desde as 18:00 horas ata o inicio de partido para atención persoal e telefónica aos socios, accionistas e retiradas de entradas de colectivos ou sorteos.

Despacho de billetes Palacio dos Deportes: Domingo desde as 11:00 horas ata o inicio do partido para compra e recollida de entradas e renovacións de abonos (as novas altas atenderanse só ata as 14:00 horas).

Tras máis de 4.000 localidades despachadas, aínda é posible comprar entradas para o Dépor-Real Madrid a través da web www.rcdeportivo.es/gl/entradas