RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Real Club Deportivo abonará o custo do desprazamento dos seus afeccionados a Bilbao

O Real Club Deportivo apoiará o desprazamento dos seus afeccionados ao importante partido da próxima fin de semana en San Mamés. O Club, coa colaboración loxística da Federación de Peñas do Deportivo, abonará o custo íntegro do desprazamento de todos os deportivistas que teñan entrada e viaxen nos autobuses fretados ao efecto.

Os interesados en viaxar gratis a terras biscaíñas deben poñerse en contacto coa Federación de Peñas de 18:30 a 21:30 horas no 604 053 164 antes do próximo mércores 11.

O plan de viaxe ten fixada a saída dos autobuses o sábado 14 ás 07:00 horas do Palacio dos Deportes de Riazor e o regreso o domingo 15 ás 12:00.

Para beneficiarse desta viaxe sen custo para o afeccionado só é necesario dispor de entrada para o partido, sen ser obrigatorio ser membro dalgunha das peñas branquiazuis.

Continuando coa tónica habitual no catro últimas temporadas en canto a apoio aos desprazamentos de socios e afeccionados, esta será a terceira das viaxes pagas polo Club esta Temporada 2017-2018, após as que levaron aos deportivistas aos campos do Oviedo Moderno (Dépor Abanca) e Sevilla, cun investimento total, sen contar Bilbao, de 15.427,20 €. Tamén están sen valorar, polo momento, as 12 xornadas organizadas de Destino Dépor, cuxos datos concretos se ofrecerán ao peche da temporada.

A pasada campaña, as viaxes pagas polo Club ascenderon a 7: Granada, Oviedo, Bilbao, Sevilla, San Sebastián, Pamplona e Vitoria (este último en Copa do Rei), cuxo custo supuxo ao Club 51.728,60 €. Ademais as 20 xornadas organizadas de Destino Dépor, con 171 autobuses dispostos, supuxeron un investimento de 63.019,41 €. A temporada anterior tamén foron 7 os desprazamentos pagos: Granada, Valencia (Levante), Madrid (Real Madrid), San Sebastián, Bilbao, Sevilla e Vilarreal, por un total de 63.304 €, mentres que as 16 xornadas de Destino Riazor custaron 59.928 €.

Entradas para o partido Athletic-Dépor

As entradas para o encontro da 32ª xornada de LaLiga Santander ante o Athletic Club do sábado 14 de abril ás 20:45 horas en San Mamés están dispoñibles até o xoves 12 ás 13:30 horas, teñen prezo de 45 e 50 euros. Desde o luns 9 ao mércores 11 de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas e o xoves 12 de 10:00 a 13:30 horas pódense adquirir na Oficina de Atención ao Deportivista do Estadio Abanca-Riazor.

Cada socio poderá adquirir un máximo de 2 localidades co seu carné, só 2 entradas por persoa en portelo, e será imprescindible mostrar o DNI do destinatario dos tickets ou unha fotocopia do mesmo.

Os peñistas deberán xestionar as súas entradas a través da Federación de Penas.