RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Real Club Deportivo colabora con ADOS na campaña "Corazón Branquiazul, Sangue Galego"

O Real Club Deportivo e a Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue, colaboran por segunda ocasión para promover a doazón de sangue entre os afeccionados do Dépor nunha das épocas máis complicadas do ano para ADOS e os hospitais galegos: a Semana Santa.

Como xa sucedera hai dúas temporada coa campaña "Imposible sen ti", na que ADOS, da man de RC Deportivo e RC Celta, conseguiu a maior taxa de doazón da historia de Galicia (só superada pola captación após o accidente do tren Alvia en Santiago), de novo fútbol e solidariedade vólvense a dar a man.

Neste caso a través dunha campaña que se estenderá até o próximo 15 de abril e na que todos os deportivistas que se acheguen a doar (tanto en calquera das 10 Unidades Móbiles que a diario percorren Galicia como nos locais de doazón das principais cidades galegas), poderán conseguir unha camiseta deseñada en exclusiva por Rei Zentolo para esta campaña do Real Club Deportivo e a Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue.

Non o dubides, ensina o teu corazón branquiazul, o teu sangue galego. Doa sangue!