RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Real Club Deportivo rescinde o contrato de Jovanović

O Real Club Deportivo rescindiu esta mañá o contrato do centrocampista branquiazul Saša Jovanović. O futbolista serbio, que militaba en condición de cedido por esta temporada no Dépor, queda desvinculado desde este momento do Club, deixando libre a ficha que posuía.

O Real Club Deportivo queira agradecer sinceramente a Sašao seu traballo, profesionalidade e implicación co equipo e o trato a todos os compañeiros do Club nesta etapa como xogador deportivista, desexándolle a mellor das sortes no seu futuro profesional e persoal.