RCD / NOVAS

O Real Oviedo será o último rival en pretemporada, este sábado en Foz

08/08/2018 23:16

Após o partido desta noite en Lugo, ao Dépor só lle queda un amigable de pretemporada antes de que arrinque a liga.

Será este sábado 11 de agosto ás 19:00 horas no Municipal de Foz, co Real Oviedo como rival.

Este é o calendario completo da pretemporada do Dépor:

Sábado 21 de xullo, Cidade Deportiva de Abegondo: Fabril 1 - Dépor 3 (Fede Cartabia, Pedro Sánchez e Carles Gil)
Mércores 25 de xullo, As Eiroas: Bergantiños 0- Dépor 3 (Guilherme, Uxío e Quique González)
Sábado 28 de xullo, O Toralín: SD Ponferradina 1 - Dépor 1 (Borja Valle)
Mércores 1 de agosto, A Devesa (Bembibre): Real Valladolid 1 - Dépor 1 (Fede Cartabia)
Sábado 4 de agosto, Cantarrana (Viveiro): UP Langreo 0 - Dépor 3 (Borja Valle, Caballo e Uxío)
Mércores 8 de agosto, Anxo Carro: CD Lugo 1 - Dépor 2 (José Carlos en propia meta e Pedro Sánchez)
Sábado 11 de agosto, Municipal de Foz, 19:00 h.: Real Oviedo - Dépor