RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O sábado pola mañá na OAD ou a fin de semana en liña, renova o teu abono do Dépor

A campaña de abonos 2018-2019, pechará o sábado unha nova semana de venda física. A Oficina de Atención ao Deportivista da OP de Correos (r/ Alcalde Manuel Casás s/n) abrirá as súas portas de 10:00 a 13:00 para atender aos socios que solicitaron cita previa e a todos aqueles que queiran acudir a renovar o seu abono ou darse de alta como socio do Dépor.

Até hoxe despacháronse 5.186 carnés, dos cales 4.120 son renovacións.

Lémbrase a todos os socios ou futuros abonados que, co fin de minimizar a espera na Oficina de Atención ao Deportivista, teñen á súa disposición o servizo de cita previa. A través da páxina citaprevia.rcdeportivo.es, calquera afeccionado pode asegurarse unha hora de atención para retirar o seu abono.

Igualmente, os afeccionados poden renovar ou darse de alta (isto último só nas modalidades de Socio Amigo ou Nen@ Dépor) calquera día a calquera hora na páxina abonos.rcdeportivo.es ou por teléfono, mediante o servizo de ABANCA, no número 902 434 443.

Para calquera dúbida ou problema, os afeccionados branquiazuis poden porse en contacto coa OAD en atencion.deportivista@rcdeportivo.es ou no teléfono 981 259 500 extensión 1.