RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O San Sebastián de los Reyes fai o xusto para derrotar ao Fabril

Dita unha lei non escrita do fútbol que cando calquera equipo se instala na zona baixa da clasificación, polas razóns que sexan, os partidos igualados tórcense á mínima con calquera factor (expulsión, lesión, erro arbitral, mala fortuna, os postes...) ou calquera mínimo fallo pon en vantaxe ao conxunto rival, aínda que non sexa superior no xogo.

Isto mesmo sucedeulle esta tarde ao Fabril en Abegondo ante un rival que pelexa na zona alta da clasificación, o UD San Sebastián de los Reyes.

Nun partido igualado, un descoido defensivo puxo por diante ao equipo madrileño no marcador no minuto 34 de partido.

A partir de aquí, o Sanse limitouse a tirar de oficio, cortar constantemente o xogo con faltas... e aproveitar o nerviosismo e imprecisión fabrilistas nos metros decisivos, quizais algo angustiados pola clasificación, a pesar de que van transcorridas unicamente 9 xornadas.

Con este marcador, o Fabril segue 19º na táboa con 4 puntos.

Fabril: Pedro López, Blas, Lucas, Quique Fornos, Gaizka, Carlos López, Víctor, Sáelles-Lamonge, Uxío, Montiel e Juanje. Tamén xogaron: May, Gandoy e Adrián.

O vindeiro domingo 28 de outubro (12:00 horas), a Fabril visita ao Coruxo.

Así transcorre a temporada para o Fabril:

Internacional de Madrid 2 - Fabril 2 (Víctor -2-)
Fabril 0 - Celta B 1
Fuenlabrada 1 - Fabril 0
Fabril 1 (May) - Ponferradina 2
Burgos 2 - Fabril 1 (Raúl González)
Fabril 1 (Quique Fornos) - CF Salmantino 0
Guijuelo 1 - Fabril 0
Fabril 2 (Juanje e Montiel) - AD Unión Adarve 3
Fabril 0 - UD San Sebastián de los Reyes 1