RCD / NOVAS

O San Tirso - Fabril de Copa Deputación será o domingo 4 ás 19:30

01/08/2019 21:08

O Fabril visitará este domingo 4 de agosto ao San Tirso SD en partido correspondente aos oitavos de final da Copa Deputación.

O encontro, que arrancará ás 19:30 horas no campo do Monte, será gratuíto para os afeccionados.

O equipo de Luisito apeou onte mércores en dezaseisavos de final á SD Brexo Lema (0-4), con tantos de Mosquera, Mario Losada -2- e Novo.

Os compromisos de pretemporada confirmados do Fabril son os seguintes:

Mércores 24 de xullo: Cidade Deportiva de Abegondo, Deportivo 2 - Fabril 0
Sábado 27 de xullo: campo de Mirallos (Moraña), Fabril 0 - RC Celta B 0. A penaltis: 3-1; Fabril 1 (Valín) - Pontevedra CF 1
Mércores 31 de xullo: Dezaseisavos de final da Copa Deputación, Campo dos Pinares, Brexo Lema SD 0 - Fabril 4 (Mosquera, Mario Losada -2- e Novo)
Domingo 4 de agosto: Oitavos de final da Copa Deputación, campo do Monte (San Tirso), 19:30 h, San Tirso SD - Fabril