RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O San Tirso SD Cadete cae en Ferrol no primeiro partido de xaneiro adiantado a datas do Nadal

O San Tirso SD Cadete caeu (4-1) ante o Racing de Ferrol en partido correspondente á 17ª xornada na División de Honra adiantada a estas datas do Nadal, posto que a case totalidade dos partidos xogarase o 7 de xaneiro de 2023.

Fronte aos racinguistas, os 'verdes' encaixaron os dous primeiros goles en apenas 20 minutos e non lograron refacerse. Mosquera anotou o tanto da honra para o equipo que prepara Samuel Montoto.

Este resultado deixa ao San Tirso SD Cadete con 21 puntos, situado provisionalmente na 15ª posición e á espera de que se complete o resto da xornada.

San Tirso SD Cadete: Rodrigo, Yago García, Janusz, Pablo Campo, Iker Fernández, Abel, Carballeira, Mosquera, Miguel de Labra, Jairo e Leandro. Tamén xogaron: Hugo Ramos, Xoel, Frank e Jorge.

A mediados de xaneiro, o San Tirso SD Cadete recibirá no Monte ao Arosa SC.

Os resultados do San Tirso SD Cadete até a data son os seguintes:

San Tirso SD Cadete 2 (Leandro e Hugo Ramos) - Rápido de Bouzas 3
ED Val Miñor Nigrán 2 - San Tirso SD Cadete 1 (Hugo Ramos)
San Tirso SD Cadete 2 (Janusz e Iker Fernández) - CD Lugo 2
AJ Lérez 1 - San Tirso SD Cadete 2 (Janusz e Miguel de Labra)
San Tirso SD Cadete 1 (Hugo Carballeira) - RC Celta 5
Pabellón Ourense CF 3 - San Tirso SD Cadete 2 (Álvaro e Abel)
San Tirso SD Cadete 0 - Ural Español CF 2
CD Conxo Santiago 2 - San Tirso SD Cadete 1 (Miguel de Labra)
San Tirso SD Cadete 4 (Iker Fernández, Frank e Miguel de Labra -2-) - Viveiro CF 0
CD Areosa 1 - San Tirso SD Cadete 3 (Álvaro Vicos, Janusz e Álvaro Rioboo)
San Tirso SD Cadete 3 (Miguel de Labra -3-) - Coruxo FC 3
Victoria CF 1 - San Tirso SD Cadete 1 (Miguel de Labra)
San Tirso SD Cadete 0 - Deportivo 4
ED Xuventude de Oroso 0 - San Tirso SD Cadete 1 (Iker Fernández)
CD Choco 1 - San Tirso SD Cadete 2 (Miguel de Labra -2-)
San Tirso SD Cadete 2 (Miguel de Labra e Janusz) - Pontevedra CF 1
Racing de Ferrol 4 - San Tirso SD Cadete 1 (Mosquera)