RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O San Tirso SD Cadete calza as botas mañá xoves en O Monte

O San Tirso SD Cadete arrinca mañá xoves 4 de agosto a pretemporada.

O cadro de xogadores está citada a partir das 10:00 no campo de O Monte en San Tirso para realizar o primeiro adestramento.

Os futbolistas convocados son:

Porteiros

Joel Liste Barreiro

Defensas

Guillermo Pastoriza Carbajales

Janusz Florek González

Santiago García Taboada

Xabi Campos Pinilla

Xoel Carro Franco

Pablo Campo Solla (procedente do EF Porteiro 2000)

Jorge Veiga Sanjuás (procedente do Imperator OAR)

Centrocampistas

Lucas Regueiro Rial

Abel Regueira Castaño

David Mosquera Pena

Frank Iglesias Varela

Borja Cortegaza Fernández

Rubén Trillo Caamaño

Hugo Carballeira Abella (procedente do Racing de Ferrol)

Atacantes

Diego López Rodríguez

Leandro Altieri de León

Marcos Arias López

Nicolás Balbas González

Hugo Ramos García

Miguel de Labra Tunisia (procedente do CD Conxo Santiago)

Álvaro Rioboo Costa (procedente do Imperátor OAR)

Corpo técnico

Adestrador: Samuel Montoto

Segundo adestrador e preparador físico: Juan Díaz

Preparador de porteiros: Ibán Casais

Delegado: José Antonio Vicente

Un grupo único na División de Honra

A Federación Galega de Fútbol confirmou o modelo de competición da División de Honra Cadete.

Superada a pandemia de COVID, a liga recupera o formato tradicional de grupo único de 20 equipos, todos contra todos a dobre volta.

Os clubs que conforman a categoría, ademais do San Tirso SD Cadete, son os seguintes: RC Celta, CD Lugo, ED Val Miñor, RC Deportivo, ED Conxo Santiago, Pontevedra CF, Victoria CF, CD Areosa, Pabellón Ourense CF, Racing de Ferrol, Coruxo FC, AJ Lérez, Ural Español CF, Arosa SC, Rápido de Bouzas, ED Xuventude de Oroso, Viveiro CF, CD Choco e Bergantiños CF.

O primeiro clasificado será o campión xa que non haberá eliminatorias polo título mentres que o cinco últimos equipos perderán a categoría.

A competición ligueira arrinca a fin de semana do 10 e 11 de setembro.