RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O San Tirso SD Cadete non logra estrear a súa marcadora de puntos na súa visita a Nigrán

O San Tirso SD Cadete caeu (2-1) en Nigrán ante o ED Val Miñor en partido correspondente á 2ª xornada na División de Honra.

Os locais puxéronse con vantaxe con dous goles na primeira media hora de xogo. Logo, Hugo Ramos acurtou distancias pero o San Tirso SD quedou sen tempo para polo menos rescatar un punto.

San Tirso SD Cadete: Rodrigo, Yago, Janusz, Pablo Campo, Íker Fernández, Álvaro, Mosquera, Trillo, Hugo Ramos, Xabi Campos e Diego. Tamén xogaron: Frank, Jorge, Guille e Miguel.

A próxima fin de semana, o San Tirso SD Cadete recibe en O Monte ao CD Lugo co obxectivo de sumar os primeiros puntos nesta liga.

Os resultados do San Tirso SD Cadete até a data son os seguintes:

San Tirso SD Cadete 2 (Leandro e Hugo Ramos) - Rápido de Bouzas 3
ED Val Miñor Nigrán 2 - San Tirso SD Cadete 1 (Hugo Ramos)