RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"O talento non nos falta pero fáltanos outro tipo de ritmo, intensidade, outra velocidade", comenta Manu Sánchez

Manu Sánchez recoñeceu na zona mixta de ABANCA-RIAZOR que o salto entre a Segunda Nacional e a Primeira Iberdrola, categoría á que pertence o UD Granadilla é "moi grande, abismal. Xa preparamos unha pretemporada esixente, con partidos como o de hoxe, para tentar ver se chegamos a ese ritmo".

Sostén o técnico deportivista que "o talento non nos falta pero fáltanos outro tipo de ritmo, intensidade, outra velocidade".

Mostrouse "encantado" cos novos reforzos: "As dúas porteiras dannos cousas que antes non tiñamos. É un salto de calidade grande. Tanto Villegas como Noelia Méndez estiveron bastante ben as dúas. Viuse no campo. Athenea é a que menos minutos leva connosco. Ten esa desenvoltura, esa explosividad que nos vai a dar cousas".

A internacional Carlota entra na lista para Copa Deputación de mañá domingo en Santiago

Sen tempo para recuperar, o Deportivo ABANCA visita ao Victoria FC mañá domingo 11 de agosto ás 19:00 horas en semifinais da Copa Deputación.

O choque será no Municipal de Santa Isabel, con entrada gratuíta para os afeccionados.

A novidade na convocatoria de Manu Sánchez foi a inclusión da internacional sub-19 Carlota, que acaba de regresar do Torneo COTIF de L'Alcudia (Valencia) coa selección española.

Completan a citación as seguintes xogadoras: Miralles, Esther Sullastres, Patri López, Érika, Alba Suárez, Yamamoto, Peke, Sofía, Teresa Abelleira, Michelle Romero, Gaby, Kika, Iris, Nuria Rábano e Sara Álvarez.

As deportivistas apearon nesta competición ao Once Caballeros CF (dezaseisavos de final), UD Paiosaco Hierros Añón (oitavos de final) e Orzán SD (cuartos de final).

As citas de pretemporada previstas para o Dépor ABANCA, cos resultados dos partidos xa xogados, son as seguintes:

Mércores 31 de xullo, dezaseisavos de final da Copa Deputación: Once Caballeros CF 0 - Deportivo ABANCA 4 (Nuria Rábano, Kika, Peke e Noelia Villegas)
Domingo 4 de agosto: Campo da Eragudina (Astorga), Deportivo ABANCA 0 - Madrid CFF 2
Luns 5 de agosto: Oitavos de final da Copa Deputación, campo da Porta Santa (Paiosaco), UD Paiosaco Hierros Añón 0 - Deportivo ABANCA 8 (Patri López -3-, Nuria Rábano -2-, Peke -2- e Silvia Mérida)
Xoves 8 de agosto: Cuartos de final da Copa Deputación, Abegondo: Orzán SD 0 - Dépor ABANCA 9 (Michelle Romero, Yamamoto, Peke -3-, Alba Suárez, Patri López, Gaby e unha futbolista rival en propia meta)
Sábado 10 de agosto: Trofeo Teresa Herrera, Estadio ABANCA-RIAZOR, Deportivo ABANCA 1 (Alba Merino) - UD Granadilla 5
Domingo 11 de agosto: Semifinais da Copa Deputación, Municipal de Santa Isabel (Santiago), 19:00 h, Victoria FC - Deportivo ABANCA
Sábado 17 de agosto: Trofeo '3 en 1' Vila de Jovellanos, campo de Santa Cruz (Xixón): Deportivo ABANCA, Sporting de Gijón e Real Oviedo Feminino
Sábado 31 de agosto: SC Braga - Deportivo, en Braga (Portugal)