RCD / NOVAS

O temporal de choiva obriga a suspender na Torre o Benxamín B - Xesuitinas B

24/11/2018 18:00

O temporal de choiva que hoxe sábado 24 de novembro azoutou A Coruña obrigou a suspender o partido correspondente á 5ª xornada na Segunda Comarcal A Coruña entre o Benxamín B e o Club Xesuitinas B, que se ía á xogar na Torre ás 16:00 horas.

Nos próximos días darase a coñecer a data elixida para celebrar o devandito encontro.

Por conseguinte, o Benxamín B queda con 10 puntos na segunda posición do grupo após o Ural CF C, agora líder con 11 puntos pero con 1 partido máis xogado.

Os resultados do Benxamín B que dirixe Álvaro Rodríguez son os seguintes:

Benxamín B 9 (Lucas Vázquez -3-, Pablo -2-, Javi, Rodri, Iago e Lema) - CD Calasanz C 0
Oza Juvenil SD B 1 - Benxamín B 8 (Rodrigo -2-, Yago -2-, Hugo, José, Javi e Raúl)
Benxamín B 2 (Iago Lameiro e Javi) - Ural CF C 2
ED Luis Calvo Sanz C 1 - Benxamín B 3 (Hugo, Javi e Pablo Vara)
Benxamín B - Club Xesuitinas B (suspendido)