RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O temporal de hoxe xoves obrigou ao Dépor ABANCA a cambiar Abegondo pola Casa del Agua

O Deportivo ABANCA cambiou o escenario do adestramento previsto para hoxe xoves. Debido ao temporal de vento e choiva que azoutou A Coruña e a súa comarca, as futbolistas branquiazuis adestráronse na Casa del Agua, nunha sesión de ximnasio.

Manu Sánchez xa contou tamén coas futbolistas venezolanas Kika, Gaby e Michelle Romero, que estiveron concentradas coa súa selección en Roma durante a pasada semana e principios desta.

Mañá venres 15 de novembro, a partir das 17:00 horas, e o sábado ás 10:30, o conxunto branquiazul traballará na Cidade Deportiva tal e como estaba previsto inicialmente.

O Deportivo ABANCA recibe ao EDF Logroño este domingo 17 de novembro en Abegondo (16:00 horas, Gol), en partido correspondente á 9ª xornada na Primera Iberdrola.