RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Torneo de Navalcarnero avalía a progresión do Benxamín B

O Benxamín B viaxa mañá venres a Madrid para competir este sábado 9 de decembro na segunda edición do Torneo CDA Navalcarnero, que se xogará no campo Los Manzanos, na citada localidade madrileña.

O conxunto deportivista quedou encadrado na Primeira Fase no grupo C, co CDA Navalcarnero A e o CF Talavera.

O calendario da Primeira Fase é o seguinte:

9:00: BENXAMÍN B - CDA NAVALCARNERO (campo 3)
12:00: CF TALAVERA - BENXAMÍN B (campo 1)

Os dous primeiros de grupo pasan a dezaseisavos de final, que se xogan xa a continuación; mentres que o terceiro xogará unha Fase de Consolación, cos terceiros dos demais grupos.

O Benxamín B impúxose onte mércores 6 en Abegondo ao Sporting Burgo B (7-3), en partido pertencente á 9ª xornada da Segunda Comarcal A Coruña. Con este resultado, os deportivistas suman 24 puntos de 24 posibles e manteñen o liderado do grupo.

Dobre representación mañá venres no Torneo Internacional Tucho de la Torre

Dous equipos de #ANOSACANTEIRA (Alevín A e Benxamín A) participan mañá venres 8 de decembro, día festivo, na terceira edición do Torneo Internacional Tucho de la Torre, que se xogará no campo de fútbol de San Pedro, en Marín (Pontevedra).

En categoría alevín, o equipo que prepara Roberto Veres quedou encadrado no grupo B, co Lugo, o Valladolid e o campión da Fase Previa.

O calendario de partidos do Alevín A é o seguinte:

10:30: ALEVÍN A - LUGO
12:00: VALLADOLID - ALEVÍN A
14:00: CAMPIÓN DA FASE PREVIA - ALEVÍN A

Pasan os catro equipos a cuartos de final, cuxos cruces cos catro equipos do outro grupo dependen da clasificación desta Primeira Fase.

En Liga, o Alevín A finalizará en primeira posición o grupo 1º da Primeira Comarcal A Coruña o sábado 9 de decembro ás 12:00 na Torre ante o Orillamar A.

Pola súa banda, o Benxamín A arrancará o torneo en Marín no grupo A, xunto a EF Villa de Marín, Lugo e Valladolid.

O seu calendario de partidos é o seguinte:

09:30: BENXAMÍN A - LUGO
11:00: EF VILLA DE MARÍN - BENXAMÍN A
13:30: VALLADOLID - BENXAMÍN A

Pasan os catro equipos a cuartos de final, cuxos cruces cos catro equipos do outro grupo dependen da clasificación desta Primeira Fase.

En liga, o Benxamín A concluíu o pasado martes no campo do Monte (San Tirso) a súa participación no grupo 2º da Primeira Comarcal. O seu último rival foi o San Tirso, ao que derrotou (2-9). O equipo que prepara Pablo Barros é o líder inalcanzable con 25 puntos.

O Alevín B, brillante subcampión en Laracha

O Alevín B disputou onte mércores 6 de decembro, festividade da Constitución, a 8ª edición do Torneo do Laracha CF no Municipal de Laracha.

O conxunto que dirixe Alberto Suárez proclamouse subcampión do torneo, un brillante resultado porque os seus rivais estaban formados principalmente por xogadores un ano maiores.

Só o Santiago, na gran final, foi capaz de dobregar aos branquiazuis.

Os resultados do Alevín B foron os seguintes:

Primeira Fase
ALEVÍN B 6 (Eli -3-, Bruno, Rubén y Dani) - SPORTING BURGO 0
XUVENTUDE OROSO 1 - ALEVÍN B 4 (Eli -2-, Jairo y Vergara)
LUIS CALVO 2 - ALEVÍN B 0

Cuartos de final
ALEVÍN B 1 (Álex) - BERTAMIRÁNS 1. Por penaltis: 3-2

Semifinal
ALEVÍN B 2 (Bruno e Álex) - URAL 1

Final
ALEVÍN B 0 - SANTIAGO 4

En liga, o Alevín B lidera, a falta de dúas xornadas para o final, o grupo 1º de Segunda, con 16 puntos por 12 puntos do Ural B, segundo clasificado.

Este sábado 9 de decembro ás 13:00 na Torre, o Alevín B mídese ao Oza Juvenil A en partido pertencente á 1ª xornada, que foi aprazada no seu día pola falta de campos.