RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O triunfo do Infantil B inicia a xornada ligueira para #ANOSACANTEIRA

A xornada da fin de semana en #ANOSACANTEIRA iniciouse hoxe venres no campo 4 de Abegondo co partido do grupo 1º da Primeira Autonómica entre o Infantil B e o Sporting Coruñés, pertencente á 14ª xornada. Houbo triunfo deportivista (8-3) nun vistoso encontro.

Esta fin de semana xogan ademais en Abegondo o Fabril, que recibe ao Atlético de Madrid B (domingo ás 17:00 horas); e Cadete B (sábado ás 12:00) e Infantil A (sábado ás 10:00), ambos en dobre duelo co Atlético Coruña Montañeros.

Para estes partidos, os socios teñen libre acceso á Cidade Deportiva. No caso do encontro do conxunto fabrilista, a entrada de público custa 10 euros; e 3 euros para os menores de 16 anos. Para o partido do Cadete B e Infantil A, a entrada de público sénior custa 3 euros.

Compiten lonxe de casa nesta ocasión o Deportivo ABANCA B (en Mos), o Xuvenil A (en Santander), Xuvenil B (en Porriño) e Cadete A (en Pontevedra).

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda División B
15ª xornada: FABRIL - ATLÉTICO DE MADRID B, o domingo 19 de novembro ás 17:00 en Abegondo
Clasificación: 1. Fuenlabrada, 33 puntos; 2. Fabril, 28 puntos; 3. Celta B, 25 puntos...

Categoría feminina
11ª xornada: UD MOS - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 19 de novembro ás 17:00 no campo das Baloutas (Mos)
Clasificación da Primeira Autonómica Feminina: ... 2. Atlético Arousana, 28 puntos; 3. Viajes InterRías FF, 21 puntos; 4. Deportivo ABANCA B, 20 puntos; 5. Ourense, Mos e Umia, 17 puntos...

Categoría xuvenil
13ª xornada: ATLÉTICO PERINES - XUVENIL A, o domingo 19 de novembro ás 12:30 no campo Vicente Miera de Santander
Clasificación da División de Honra: 1. Sporting de Gijón, 27 puntos; 2. Celta, 25 puntos; 3. Xuvenil A e Roces, 24 puntos; 5. Oviedo, 23 puntos; 6. Racing de Santander, 21 puntos...

12ª xornada: PORRIÑO INDUSTRIAL - XUVENIL B, o domingo 19 de novembro ás 12:00 no Lourambal-2
Clasificación da Liga Nacional: ... 3. Victoria, 25 puntos; 4. Xuvenil B, 20 puntos; 5. Pabellón Ourense, 19 puntos; 6. Racing de Ferrol, 18 puntos...

Categoría cadete
12ª xornada: PONTEVEDRA - CADETE A, o sábado 18 de novembro ás 16:00 na Xunqueira 2 (Pontevedra)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 33 puntos; 2. Cadete A, 26 puntos; 3. Pabellón Ourense e Ural, 22 puntos...

12ª xornada: CADETE B - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS, o sábado 18 de novembro ás 12:00 en Abegondo (campo 4)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: ... 3. Xuventude Oroso, 23 puntos; 4. Cadete B e Escola Estrada Fútbol Base, 21 puntos; 6. Viveiro A, 19 puntos...

Categoría infantil
12ª xornada: INFANTIL A - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS, o sábado 18 de novembro ás 10:00 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da liga Galega, grupo 1º: 1. Infantil A, 31 puntos; 2. Calasanz, 29 puntos...

14ª xornada: INFANTIL B 8 (Eloy, Marco Baña, Barral, Álvaro, Pablo Seco, Adrián -2- e Trigo) - SPORTING CORUÑÉS 3
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B (dous partidos máis), 34 puntos; 2. Orillamar, 29 puntos; 3. Ural B e Sporting Cambre, 27 puntos...

Categoría alevín
6ª xornada: ALEVÍN A - SPORTING BURGO A, o sábado 18 de novembro ás 11:00 na Torre
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña, grupo 1º: 1. Calasanz A (un partido máis), 15 puntos; 2. Alevín A, 12 puntos; 3. Orillamar A e Atlético Coruña Montañeros A (un partido máis), 7 puntos...

6ª xornada: ALEVÍN B - SANTA MARÍA DEL MAR A, o sábado 18 de novembro ás 10:00 en Santa María del Mar
Clasificación da Segunda, grupo 1º: 1. Alevín B, 10 puntos; 2. Ural B, 9 puntos; 3. Victoria B e Atlético Coruña Montañeros B, 7 puntos...

Categoría benxamín
6ª xornada: BENXAMÍN A - BETANZOS, o sábado 18 de novembro ás 12:00 na Torre
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña, grupo 2º: 1. Benxamín A, 15 puntos; 2. Calasanz A, 12 puntos...

6ª xornada: TORRE C - BENXAMÍN B, o sábado 18 de novembro ás 10:00 na Torre
Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. Benxamín B (un partido menos), Paiosaco H. Añón B e Victoria C, 12 puntos; 4. Calasanz C, 10 puntos...