RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O triunfo do Xuvenil A pecha unha fin de semana de partidos para seis equipos de #ANOSACANTEIRA

Un total de seis equipos de #ANOSACANTEIRA tiveron actividade esta fin de semana. De todos eles, sobresae o Cadete A San Tirso, que onte sábado foi brillante subcampión da Southampton Cup 2017, tras caer pola mínima ante o FC Porto de Portugal. O deportivista Chucas foi elixido ademais mellor xogador do torneo.

Estreáronse o Deportivo ABANCA B e o Cadete B, no seu primeiro partido de pretemporada. Ademais, o Xuvenil B logrou o Memorial Jacobo Díaz Camino en Monforte.

Para hoxe domingo quedou o triunfo (1-2) do Xuvenil A en Paiosaco, nun novo test de pretemporada para o equipo que prepara Rubén Coméndez.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Categoría feminina
FRIOL 3 - DEPORTIVO ABANCA B 2 (Antía e Sara)

Categoría xuvenil
PAIOSACO 1 - XUVENIL A 2 (Ortuño e Sito)

XUVENIL B 1 (un futbolista rival en propia meta) - URAL A (xuvenil) 0

Memorial Jacobo Díaz Camino, na Pinguela (Monforte de Lemos)
Sábado 12 de agosto
Semifinal
XUVENIL B 4 (Álvaro, Rojo, Litos e Juan) - CP CALASANCIO 0

Final
XUVENIL B 1 (Rojo) - PABELLÓN OURENSE 0

Categoría cadete
CADETE A 2 (Mario e Fito) - URAL B (xuvenil) 1

Southampton Cup 2017
Primeira Fase
Domingo 6 de agosto
CADETE A SAN TIRSO 5 (Padín, Novoa -2-, Dani e Fran) - ALDERSHOT TOWN FC 0

Luns 7 de agosto
CADETE A SAN TIRSO 0 - UNIÃO FC 0

Martes 8 de agosto
CADETE A SAN TIRSO 6 (Dani Barcia, Trilli, Novoa, Fran e Pablo -2-) - PLYMOUTH ARGYLE FC 1

Xoves 10 de agosto
Cuartos de final
ISLE OF MAN 0 - CADETE A SAN TIRSO 4 (Padín, Novoa -2- e Noel)

Semifinal
CHELSEA 0 - CADETE A SAN TIRSO 1 (Padín)

Sábado 12 de agosto
Final
FC PORTO 2- CADETE A SAN TIRSO 1 (Chucas)

CADETE B 2 (Iván e Adrián) - URAL B 0