RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Trofeo Teide puxo o punto e final á pretemporada deportivista

A XLVII edición do Trofeo Teide en La Orotava ante o CD Tenerife puxo o punto e final aos amigables de pretemporada do RC Deportivo.

O balance é de dez vitorias, un empate (en Oviedo) e unha derrota (ante o FC Porto). Os branquiazuis anotaron 41 goles e encaixaron 7 dianas.

O pichichi da pretemporada foi Bruno Gama, con 6 goles; seguido por Andone e Borges, con 4 dianas. Arribas, Bakkali, Borja Valle e Çolak marcaron 3 tantos cada un. Fede Cartabia con 2; e Albentosa, Luisinho, Fede Cartabia, Juanfran, Fede Valverde e Carles Gil con 1 tanto pechan a nómina de goleadores do primeiro equipo.

Dos canteiráns, o pichichi foi Óscar, que só puido actuar ao principio da temporada, antes de caer lesionado. Pinchi anotou 3 dianas. Séguenlle Pedro -2-, Aarón e Bicho.

Deste xeito, trofeos da soleira do Teresa Herrera, Concepción Arenal, Luis Otero e Teide están nas vitrinas deportivistas.

A maiores, Bakkali foi elixido mellor xogador no partido disputado no Estadio ABANCA-RIAZOR e no de Los Cuartos de La Orotava.

O calendario de pretemporada do Deportivo é o seguinte:

13 de xullo: Racing Villalbés 0 - Deportivo 2 (Óscar Pinchi e Bruno Gama)
14 de xullo: Arosa 0 - Deportivo 7 (Óscar Pinchi, Aarón, Arribas -2-, Bruno Gama -2- e Borges)
15 de xullo: Silva 0 - Deportivo 5 (Óscar Pinchi, Andone, Pedro -2- e Borges)
18 de xullo: Cerceda 0 - Deportivo 1 (Bicho)
20 de xullo: Somozas 1 - Deportivo 6 (Albentosa, Luisinho, Fede Valverde, Borges, Andone e Carles Gil)
22 de xullo: Bergantiños 1 - Deportivo 6 (Bruno Gama, Andone, Borja Valle, Arribas, Emre Çolak e Bakkali)
25 de xullo: Pontevedra 0 - Deportivo 5 (Fede Cartabia, Bakkali -2-, Borja Valle e Bruno Gama)
27 de xullo: Racing de Ferrol 1 - Deportivo 4 (Emre Çolak -2-, Da Lama en propia meta e Juanfran)
30 de xullo: FC Porto 4 - Deportivo 0
3 de agosto: Real Oviedo 0 - Deportivo 0
5 de agosto, LXXII Trofeo Teresa Herrera: Deportivo 2 (Bruno Gama e Borja Valle) - West Bromwich Albion 0
12 de agosto, XLVII Trofeo Teide: CD Tenerife 0 - Deportivo 3 (Andone, Cartabia e Borges)