RCD / NOVAS

O Ural Español CF B será o primeiro rival do Xuvenil B na Liga Nacional

02/09/2021 11:48

O Xuvenil B iniciará o próximo 19 de setembro na Coruña ante o Ural Español CF B a defensa do seu título de campión da Liga Nacional. O ultimo encontro será o 29 de maio de 2022 en Cangas do Morrazo fronte ao Alondras CF.

Esta temporada, o formato de competición será de liga a dobre volta todos contra todos, cun total de 34 xornadas. Os dous primeiros ascenderán á División de Honra e os dous últimos perderán a categoría.

Os derbis ante o RC Celta B serán o 10 de outubro en Abegondo (xornada 4ª) e o 20 de febreiro en Vigo (xornada 21ª).

Os rivais do Xuvenil B que dirixe Álex Antón son os seguintes: RC Celta B, Alondras CF, CD Areosa, ED Val Miñor B, Arosa SC, Racing Villalbés, CD Lugo B, Porriño Industrial, Coruxo FC, CD Choco, CD Calasanz, CD Conxo Santiago, Racing de Ferrol, Bergantiños CF, Ural Español CF B, Pabellón CF B e Colegio Hogar SR.

O calendario do equipo deportivista é o seguinte:

Xornada 1 (19/09/2021) Xornada 18 (30/01/2022)
Ural Español CF B Xuvenil B
Xornada 2 (26/09/2021) Xornada 19 (06/02/2022)
Xuvenil B ED Val Miñor B
Xornada 3 (03/10/2021) Xornada 20 (13/02/2022)
Porriño Industrial FC Xuvenil B
Xornada 4 (10/10/2021) Xornada 21 (20/02/2022)
Xuvenil B RC Celta B
Xornada 5 (17/10/2021) Xornada 22 (06/03/2022)
Racing de Ferrol Xuvenil B
Xornada 6 (24/10/2021) Xornada 23 (13/03/2022)
Xuvenil B CD Lugo B
Xornada 7 (31/10/2021) Xornada 24 (20/03/2022)
Bergantiños CF Xuvenil B
Xornada 8 (07/11/2021) Xornada 25 (27/03/2022)
Xuvenil B CD Choco
Xornada 9 (14/11/2021) Xornada 26 (03/04/2022)
CD Conxo Santiago Xuvenil B
Xornada 10 (21/11/2021) Xornada 27 (10/04/2022)
Xuvenil B Coruxo FC
Xornada 11 (28/11/2021) Xornada 28 (17/04/2022)
Pabellón Ourense CF B Xuvenil B
Xornada 12 (05/12/2021) Xornada 29 (24/04/2022)
Xuvenil B CD Areosa
Xornada 13 (12/12/2021) Xornada 30 (01/05/2022)
Xuvenil B Racing Villalbés
Xornada 14 (19/12/2021) Xornada 31 (08/05/2022)
Colegio Hogar SR Xuvenil B
Xornada 15 (09/01/2022) Xornada 32 (15/05/2022)
Xuvenil B Arosa SC
Xornada 16 (16/01/2022) Xornada 33 (22/05/2022)
CD Calasanz Xuvenil B
Xornada 17 (23/01/2022) Xornada 34 (29/05/2022)
Xuvenil B Alondras CF