RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Ural Español CF será o primeiro rival do Infantil no subgrupo B norte da Liga Galega

O Infantil do Deportivo quedou encadrado no subgrupo B norte da Liga Galega. Os rivais do conxunto branquiazul nesta primeira fase son os seguintes: Racing de Ferrol, Galicia Caranza, SDCR Narón O Freixo, SD O Val, SDC Residencia, CD Castro, SD Viveiro, CD Lugo, Ural Español CF, San Tirso SD e Oza Juvenil SD.

Segundo o sorteo realizado nos locais da Federación Galega, o Infantil comeza a liga o próximo 2 de outubro en Abegondo fronte ao Ural Español CF e finalízaa tamén na Cidade Deportiva o 26 de marzo de 2022 ante o Racing de Ferrol.

Nesta primeira parte da competición, o formato será de liga todos contra todos en cada subgrupo, a dobre volta. En total son pois 22 xornadas. Os cinco primeiros xogarán a Fase polo Título cos cinco primeiros clasificados do subgrupo B norte. O resto disputará unha Fase pola Permanencia.

Na Fase polo Título, o formato será de liga a dobre volta pero só contra os cinco equipos clasificados do subgrupo B norte, cun total de dez xornadas. O primeiro de cada subgrupo da primeira fase arranca esta segunda parte da competición con cinco puntos; os segundos con tres; os terceiros con dous; os cuartos clasificados cun; e os quintos con cero puntos. Ao concluír esta segunda fase, os dous primeiros xogarán as semifinais contra os dous primeiros do grupo sur, a partido único en casa do mellor clasificado. A final será nunha sede que ditaminará a Federación Galega.

No Grupo pola Permanencia, os equipos quedarán divididos en tres novos subgrupos (D1, D2 e D3), cun formato de liga a dobre volta todos contra todos. Os sextos clasificados de cada subgrupo da primeira fase comezan agora con sete puntos; os sétimos con seis; os oitavos con cinco; os novenos con catro; os décimos con tres; os undécimos con dous; os duodécimos cun; e o décimo terceiro con cero puntos. O último clasificado do subgrupo D1, D2 e D3 perderá a categoría, do mesmo xeito que o peor penúltimo.

O calendario do equipo deportivista é o seguinte:

Xornada 1 (02/10/2021) Xornada 12 (08/01/2022)
Infantil Ural Español CF
Xornada 2 (09/10/2021) Xornada 13 (15/01/2022)
CD Lugo Infantil
Xornada 3 (16/10/2021) Xornada 14 (22/01/2022)
Infantil San Tirso SD
Xornada 4 (23/10/2021) Xornada 15 (29/01/2022)
CD Castro Infantil
Xornada 5 (06/11/2021) Xornada 16 (05/02/2022)
Infantil SDC Residencia
Xornada 6 (13/11/2021) Xornada 17 (12/02/2022)
Galicia Caranza Infantil
Xornada 7 (20/11/2021) Xornada 18 (19/02/2022)
Oza Juvenil SD Infantil
Xornada 8 (27/11/2021) Xornada 19 (05/03/2022)
Infantil SD Viveiro
Xornada 9 (04/12/2021) Xornada 20 (12/03/2022)
SDCyR Narón O Freixo Infantil
Xornada 10 (11/12/2021) Xornada 21 (19/03/2022)
Infantil SD O Val
Xornada 11 (18/12/2021) Xornada 22 (26/03/2022)
Racing de Ferrol Infantil