RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Ural tomba ao Xuvenil A en o derbi da División de Honra

O derbi coruñés co que se pechaba o ano 2018 na División de Honra, entre o Ural CF e o Xuvenil A, levouno (2-1) o conxunto uralista.

O Ural CF quizais aproveitou o seu momento na primeira metade e nos comezos da segunda para porse 2-0 no marcador. A partir de aí, reaccionou o Xuvenil A, que con todo non tivo o acerto necesario para rabuñar polo menos 1 punto. Guedes, de penalti no desconto, recortou diferencias pero non había tempo para máis.

Con este resultado na 17ª xornada, o Xuvenil A acaba o ano en 8ª posición con 28 puntos.

Xuvenil A: Brea, Iván, Íñigo, Mujaid, Juan, Prendes, Israel, Armas, Gonçalo, Jorge e Álex. Tamén xogaron: Guedes, César, Kilian e Álvaro.

A competición detense por Nadal. A mediados de xaneiro, o seguinte rival do Xuvenil A en Abegondo é o CD Colindres.

Os resultados do conxunto que dirixe Javi Álvarez son os seguintes:

Xuvenil A 5 (Prendes -2-, Armas, Álex e Íñigo) - Atlético Perines 0
Oviedo 1 - Xuvenil A 1 (Armas)
Xuvenil A 3 (Israel, Álex e Kilian) - Ural 1
CD Colindres 1 - Xuvenil A 0
Xuvenil A 1 (Álex) - Val Miñor 0
Lugo 2 - Xuvenil A 0
Xuvenil A 1 (Litos) - Sporting de Gijón 1
CD Covadonga 2 - Xuvenil A 3 (Prendes, Armas e Valín)
Xuvenil A 1 (César) - Celta 2
CD Roces 0 - Xuvenil A 3 (Kilian -2- e Litos)
Alondras CF 1 - Xuvenil A 1 (Armas)
Xuvenil A 6 (Prendes, Juan -2-, Kilian -2- e Óscar) - Bansander 1
Racing de Ferrol 2 - Xuvenil A 2 (Juan e Armas)
Xuvenil A 0 - Real Racing Club 1
Pontevedra CF 0 - Xuvenil A 2 (Armas -2-)
Atlético Perines 3 - Xuvenil A 2 (Valín e Armas)
Xuvenil A 2 (César e Álex) - Real Oviedo 0
Ural CF 2 - Xuvenil A 1 (Guedes)