RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O venres preséntase o libro "De Arsenio a Arsenio, vintedous anos de historia deportivista"

O venres 21 preséntase o libro "De Arsenio a Arsenio, vintedous anos de historia deportivista (1951/52-1972/73)" publicado pola editorial Phottic e co que o autor, Xan Fraga, quere facer unha homenaxe a Arsenio Iglesias e a toda a familia deportivista daqueles anos.

O propio Arsenio Iglesias, xunto a Tino Fernández, presidente do RC Deportivo e Manuel Ríos Quintanilla "Manolete", presidente da Asociación de Veteranos do Club, participarán no acto de presentación ás 20:00h no Auditorio da Fundación ONCE.