RCD / NOVAS

O vestiario, agradecido polo comportamento do deportivismo esta tempada

O vestiario do Deportivo mostrouse hoxe "agradecido" polo comportamento do deportivismo no que vai de tempada. Joaquín Caparrós, despois de afirmar que mañá ante Osasuna "necesitámonos todos", asegurou que sente "moi arroupado polos afeccionados, os futbolistas e o Consello de Administración do Club". Da mesma opinión foron Verdú e Adrián. "A afección pórtase moi ben connosco. Non nos pairan de animar", comentou o centrocampista catalán Joan Verdú. En canto ao que resta de tempada, Joaquín Caparrós nomeou a palabra Europa na rolda de prensa que deu tras o adestramento. Se Sevilla e Barcelona pasan á final de Copa do Rei, unha praza de UEFA sería adxudicada ao sétimo clasificado na liga. "Se mañá logramos o tres puntos podemos meternos aí na loita con tres ou catro equipos", manifestou Caparrós.

21/04/2007 13:01

Máis novas de: JOAQUÍN CAPARRÓS, VERDÚ, ADRIÁN