RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O vestiario branquiazul concide en que "o árbitro non estivo todo o xusto que debía hoxe"

Os 2 goleadores branquiazuis na noite de hoxe, Álex Bergantiños e Mollejo, pasaron pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR.

O capitán deportivista, autor dun fantástico tanto, lamentouse do labor arbitral, "xa non digo polo penalti. Á hora de medir certas accións, faltas, cartóns. Non estivo todo o xusto que debese hoxe. É un elemento externo. Orgulloso dos meus compañeiros, da afección como nos empuxou para que puidésemos aguantar o resultado. Non puido ser pero a liña é boa".

Cre Álex Bergantiños que "os pequenos detalles prexudicáronnos. No primeiro gol hai unha falta a Dani Giménez. Stuani podía ter un cartón máis durante o partido. Imos tentar non darlle máis voltas. Agora é frustrante, pensas niso neste momento pero hai que quedar con que o equipo está en boa liña. Igual que a semana pasada levamos 2 puntos no último momento, hoxe escaparon. Satisfeito co traballo do equipo".

Pola súa banda, Víctor Mollejo aclara que a súa substitución no descanso foi "decisión do míster pola amarela. Dá moita rabia porque é unha substitución que cambia o transcurso do partido. Non o cambio, senón a amarela que me sacaron. É decisión do árbitro. Non estivo nada ben hoxe. Son cousas do fútbol".

O atacante deportivista recoñece que o colexiado "á hora de falar con eles non nos tiña tanto en conta ou tanto respecto como a eles. Isto é fútbol e son cousas que pasan".

Confesa que o resultado "dá rabia porque nos queriamos levar os 3 puntos. Puxémonos 2-0 cun resultado moi favorable mesmo co gol anulado que era o 3-0. Ao final sabiamos que estabamos a xogar contra o mellor equipo da categoría. Eles teñen bos xogadores. Sabiamos que se ían a envorcar. Hai que quedar con que foi un rexeite e un penalti. Non foron fallos como tiñamos antes. Hai que sacar as cousas positivas, das negativas aprender delas. Ver que o fútbol son detalles e temos que coidalos un pouco máis".