RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O vestiario branquiazul laméntase da xogada de William na área do Bilbao Athletic porque a considera penalti

Un dos capitáns, Ian Mackay, e Víctor García pasáronse pola sala de prensa de ABANCA-RIAZOR.

O meta coruñés reitera que "queres gañar todos os partidos e aquí en ABANCA-RIAZOR aínda máis, darlle a #ANOSAFORZA os tres puntos. Sabiamos que se hoxe sacabamos os tres puntos dabamos un golpe encima da mesa. Vasche amolado por non poder conseguilos. Conseguímonos repoñer ao gol que nos meten eles. Houbo algunha xogada puntual que non conseguimos finalizar como nos gustaría e algunha que outra dubidosa para poder pedir penalti".

De feito, comenta que a acción de Wiliam "pode pitala tranquilamente. É a miña opinión. Píllame lonxe pero pregunteille a Willi e dime que é penalti. Empúxanlle. Son xogadas puntuais que o árbitro considera que non é penalti e non se pode facer nada".

Non cre que o partido do Dépor fose frouxo senón que "eles fixeron moi bo partido defensivamente. Non nos deixaban facer o noso xogo en ningún momento. Tivemos ocasións claras e non conseguimos sacar os tres puntos. Non creo que sexa un partido frouxo porque o mérito é do rival".

Pola súa banda, Víctor García opina que a sensación coa que se marcha de ABANCA-RIAZOR "nunca pode ser boa cando non consegues os tres puntos. Hai que analizar o partido fríamente, ver onde fallamos e onde podemos mellorar".

O carrileiro deportivista advirte que "non é fácil interpretar as xogadas para árbitros desta categoría que veñen a un escenario como este. A acción de William, a segunda sobre todo, é bastante clara porque ten a posición gañada co seu defensor. É interpretable pero para min foi penalti e o árbitro non o viu así".