RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O vestiario branquiazul laméntase de estar na segunda parte "acelerados" e "demasiado precipitados"

Mario Soriano e Diego Villares pasáronse pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR.

O atacante madrileño, autor esta tarde do gol do empate, márchase cunha sensación "regular. Na primeira parte estivemos mellor porque tivemos máis tranquilidade co balón. Unha vez que chegabamos cos laterais custounos na última fase, a finalización. Na segunda, a raíz do gol (do Pontevedra CF) estivemos máis acelerados, máis alborotados. Fixemos dúas xogadas moi boas, chegou o gol. Logo tiven unha oportunidade que non cheguei por pouco. Hai que analizar o partido e é un punto que temos que facer bo o finde que vén en Vigo".

Pide iso si dar valor a este punto: "Levamos 7 de 9. Queda moitísima liga.Hai que seguir traballando e o finde que vén en Vigo facelo bo", insistiu.

Máximo goleador do Dépor con 3 goles, Mario Soriano destaca que quere "axudar ao equipo en todos os aspectos. Se é nos goles, moitísimo mellor para min. Toca seguir trabando e mellorando cada día".

Pola súa banda, Diego Villares laméntase de que "atacamos demasiado precipitados e iso levounos na segunda parte maiormente a ter que defender as súas transicións, con moitos metros cara atrás que nos puido custar o partido".

Recoñece que a partir do gol do Pontevedra CF "custounos un pouquiño máis atacar e máis precipitados. Ao final metemos un gol máis por empuxe que por xogo".

O mediocentro deportivista cre que os nervios "non nos teñen que influír para nada. A maioría xa somos veteranos, sabemos o que nos xogamos. Iso non pode influír nada", conclúe.