RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

O vestiario conxúrase desde xa para puntuar o domingo en Vilarreal

Fede Cartabia, Fernando Navarro e o capitán Laure compareceron ante os medios de comunicación na zona mixta do estadio de Riazor.

O atacante arxentino, un dos destacados do encontro, lamentouse "dos puntos que perdemos en partidos como o Vilarreal ou a Valencia. Isto é o fútbol e agora tócanos sufrir un pouco".

Cartabia asegura que "temos que ir a Vilarreal a sacar un punto polo menos". Confesa que "o equipo está fodido. Temos que descansar e durante a semana ver o que fixemos mal co Xetafe".

Pola súa banda, Fernando Navarro opina que "estabamos nunha situación moi boa. A cousa complicouse. A tempada así o reflicte. Agora temos en Vilarreal outra oportunidade para selar a permanencia".

O lateral deportivista pide unidade: "Temos que estar todos xuntos. Todos estamos no mesmo barco. Se o Dépor sálvase é mérito de todos".

Finalmente o capitán Laure apunta que "non hai temor" no vestiario ao descenso. Explica o defensor deportivista que "o golaverage con outros equipos obríganos a gañar ou a puntuar. Non hai temor pero si responsabilidade".

Subliña o lateral branquiazul que "está nas nosas mans sacar isto adiante e é no que temos que pensar".