RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O vestiario deportivista cre que o equipo sae reforzado

Tres futbolistas branquiazuis atenderon aos medios de comunicación na zona mixta do Estadio ABANCA-RIAZOR.

En primeiro lugar, Juanfran subliñou que "necesitabamos este triunfo máis pola clasificación, porque os de abaixo gañaron tamén; e logo animicamente polo traballo que fas durante a semana recollelo. E sacamos moita personalidade ante un equipo que viña facéndoo moi ben, con moitos puntos na súa clasificación".

O lateral deportivista opina que "o equipo estivo ben, soubo aguantar o resultado, fixemos portería a cero. Moitas cousas boas hoxe".

Pola súa banda, Celso Borges, outro dos capitáns, manifestou que "unha vez máis logramos facer un partido bastante bo. E logramos concretalo cun resultado que nos dá moito ánimo, moita moral. Axúdanos a enfrontar unha semana bastante bonita diría eu. Era algo que necesitabamos moitísimo".

Apunta o internacional costarriqueño que "sempre cremos no que viñamos facendo, o que pasa que necesitas o resultado para que confírme esa situación. Ese foi o caso".

Finalmente Adrián López, autor do gol que decidiu o encontro, cre que "temos que tentar dar o cento por cento en cada partido. Hoxe fixémolo. Eran 3 puntos moi importantes e merecemos levalos".

O dianteiro asturiano insiste en que "eles non nos crearon ocasións claras. O equipo estivo moi ben nese aspecto. E logo creamos, fixemos gol. Igual faltounos facer algún máis para estar un pouco máis tranquilos. Ao final o máis importante é ser capaces de deixar a portería a cero. Non sempre se pode porque os demais equipos fano ben. Hoxe fixémolo".