RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O vestiario deportivista móstrase feliz por "demostrarnos que somos capaces de remontar un partido"

Alberto Quiles e Mario Soriano pasáronse pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR.

O dianteiro andaluz, bigoleador ante o 'Fuenla', indicou que "era necesario tamén demostrarnos que somos capaces de remontar un partido e fixémolo moi ben".

De feito, "estaba súper convencido que o partido o iamos a gañar porque aquí en ABANCA-RIAZOR somos moi fortes, estabamos a xogar ben, creando ocasións, chegando fácil polas dúas bandas. Agora fáltanos ser o mesmo equipo fóra de casa que é onde temos o problema".

Recalca que "temos que ir a Ferrol (o vindeiro domingo ás 19:00 horas) a gañar o partido. Non podemos poñer escusas de nada. Vai ser un partido bonito, con dous equipos loitando por ascender, vai ir #ANOSAFORZA a animarnos. Temos que facelo por eles, por nós. Son os partidos que a todos lles gusta xogar".

A nivel individual, cre estar a facer "un bo ano: 13 goles, 5 asistencias. Estou contento e oxalá acabemos da mellor maneira que é ascendendo".

Pola súa banda, Mario Soriano confesa estar "moi feliz polo partido, por remontar, que levabamos moito tempo sen remontar. Fixémolo dúas veces".

Na súa opinión será clave nesta recta final "ser moi sólidos en defensa e arriba hai que meter todas as que teñamos. Hai que seguir e a fin de semana enfrontarnos co Racing de Ferrol, que vai ser un partido moi importante".

O atacante deportivista viu esta tarde en ABANCA-RIAZOR un partido "controlado. Tivemos a posesión do balón. Eles non xeraron nada. O seu primeiro gol foi desde o mediocampo, o segundo un pelotazo e unha segunda xogada. Estivemos moi ben. O porteiro fixo boas paradas e unha vez que entrou aproveitámolas. Na segunda parte tivemos dous fallos que podían meter, Mackay fixo unha boa parada con 3-2 pero o partido estivo controlado. Tivemos a posesión e Lucas logo meteu ese golazo".