RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O vestiario deportivista queda con que o obxectivo está a un paso

Celso Borges, Arribas e Juanfran compareceron ante os medios informativos na zona mixta do Estadio de El Sadar.

Así, o internacional costarriqueño prefire "ver o vaso medio cheo. Está máis preto. Encantaríanos e fixemos as cousas para que quedase pechado isto. Ditamínanos a liga que hai que seguir loitando, hai que seguir xogando para pechar isto".

Á afección dálle as grazas "por vir ata acá e da nosa parte seguir adiante. É o que queda".

Alejandro Arribas subliña que "o equipo tivo ocasións para gañar, púxose por diante despois de remontar o partido e non fomos capaces. Un punto máis, unha xornada menos e o obxectivo a un paso".

Finalmente Juanfran apunta que tras este empate "hai que seguir remando, hai que seguir loitando e hai que certificar a permanencia a semana que vén". "É fodido que che metan un gol a balón parado", dixo en alusión ao gol do empate osasunista, na recta final.