RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O vestiario deportivista recoñece a superioridade almeriense desta noite

Fede Cartabia, salvador esta noite no Estadio dos Xogos Mediterráneos co seu fantástico disparo que supuxo o empate, confesou estar "contento por volver xogar, por volver marcar. Facía moito que non o facía".

Cre que a UD Almería foi "moi superior a nós. Viuse durante todo o partido. Por sorte levámonos un punto de acá".

Cun terzo de liga cumpridos, Fede Cartabia fai un balance "moi positivo. Moitos xogadores novos. En ABANCA-RIAZOR estamos moi fortes. Unha soa derrota. O noso punto para mellorar é cando imos xogar fóra. Estou contento cos que estamos. Un grupo humano espectacular. Seguiremos traballando para mellorar".

Outro dos futbolistas que tivo traballo arreo, o central Pablo Marí, indicou que os xogadores almerienses "foron mellores que nós. O mellor que podemos sacar é que nos levamos 1 punto".

O defensor deportivista apunta que "desgustados estamos todos. Cando non fas o partido que planeas ou desexas ao final te vas cunha cara amarga. Non só o míster, todos temos que facer autocrítica. Analizar o partido obxectivamente e pensar no partido que vén", este sábado 24 de novembro en ABANCA-RIAZOR ante o Atlético Osasuna (18:00 h., Movistar Partidazo).

Cun terzo de liga cumprido, Pablo Marí indicou que "se temos estes números (27 puntos en 14 partidos, con só 1 derrota) estamos a falar de obxectivos altos. Pero hai que ir semana a semana. O fútbol esta semana dános unha nova oportunidade para resarcirnos un pouco do que pasou hoxe, dentro de que empataches. Así que a traballar a semana o máis duro posible con ganas e ilusión. A semana que vén xogar diante da nosa xente e a gañar".