RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O vestiario lembra que o equipo "está en construción"

Álex Bergantiños e un dos debutantes esta tarde, Víctor Mollejo, pasáronse pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR.

O capitán deportivista lembra que "a situación é a que é. Chegaron xogadores novos e a última hora. Este equipo ten que ir crecendo ao longo da competición. É duro e a competición golpéache porque non te espera. Levamos 3 derrotas seguidas. Hai que ter paciencia e valentía para entre todos sumar e tentar ir crecendo como equipo".

Confesa que os futbolistas branquiazuis están "doídos pola derrota. Penso que foi inmerecida. Fixemos méritos para máis. Hoxe había 3 ou 4 xogadores que levan 2 adestramentos connosco. Somos un equipo que está moi verde, en construción. Iso temos que asumilo entre todos. A nosa mellor versión está por chegar".

Do partido di que foi inxusto o resultado porque "sen ter a mellor claridade do mundo, fixemos máis ocasións que eles".

Pola súa banda, Víctor Mollejo coincide con Álex en que aínda o Dépor está en construción pero "canto antes collámolo moito mellor. Esta semana de adestramentos vainos a servir de moito para na seguinte saída, dalo todo".

Márchase "moi contento" polo seu debut co Dépor, "pero con mal sabor de boca pola derrota do equipo. Gustaríame debutar con vitoria".

Protagonista dunha das accións polémicas do partido, ao serlle anulado un gol, que sería o 1-0, por falta a Tomeu Nadal: "Remato de cabeza. Cando remato, salto cos brazos abertos para non tocar ao rival. Cando vou a polo balón, cando baixa, salto pouco mesmo para non facer falta ao porteiro. Si é verdade que calquera mínimo contacto pítase. É unha norma que leva así moitísimos anos. Para min non pasou nada e sobre todo non se revisou no VAR, que era o que eu protestaba".