RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O vestiario márchase "orgulloso" do traballo do equipo

Álex Bergantiños e Víctor Mollejo pasáronse pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR.

O capitán deportivista mostrouse "orgulloso do traballo dos compañeiros. Era un partido para ter personalidade, para atrevernos máis ofensiva e defensivamente. Fixemos o que tiñamos exposto desde o principio".

De feito, cualificou o encontro como "o mellor partido do que levamos de temporada. Orgulloso dos meus compañeiros e unha pena que a pesar de arrinconar ao Almería, con tantos córneres, que o rival quixese cortar o ritmo do partido, o equipo tentouno até o final. Oxalá que sexa un punto de partida para ver este equipo con máis regularidade".

Preguntado polo futuro de Anquela, Álex quixo subliñar que "se desvive connosco, pásao fatal estudando partidos, en cada adestramento tentado darnos as mellores ferramentas. Os resultados non están a chegar até o momento pero non me corresponde a min falar dun posible cambio. Hai veces que cambias e vai a mellor e outras cambias e vas a peor".

Pola súa banda, Víctor Mollejo resalta que o Dépor "desde o principio xogou a dominar o partido. Creamos ocasións de gol, atrás estivemos sólidos, moi serios. Pero é verdade que estamos nese momento no que non temos esa pouca sorte para levarnos os 3 puntos. Pero hoxe é un día para irse orgullosos e para traballar a partir do día de hoxe, demostrar que hai un gran cadro".

O atacante deportivista apunta que "demostramos que non merecemos estar aí abaixo. Merecémonos estar máis arriba. Eles están a loitar por porse líderes e dominámolos de principio a fin. Hoxe podes ser un bo día para dicir 'podemos facelo'. Coñecémonos todos un pouco mellor. Oxalá que vaiamos para arriba".

Finalmente, de Juan Antonio Anquela, Mollejo insiste en que "imos ao máximo con el. Facémoslle caso en todo o que nos di. O fútbol que traballamos con el hoxe reflectiuse no campo. Imos a matar con el até o último segundo".