RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O vestiario viu ao Dépor superior na segunda parte ao Zaragoza

Pedro Mosquera e o debutante Víctor García atenderon aos medios de comunicación na zona mixta do Estadio de La Romareda.

O capitán deportivista subliñou que "na primeira parte eles foron superiores e a segunda foi nosa. Unha pena que non conseguísemos o empate porque tivemos ocasións para iso".

O mediocentro coruñés cre que na segunda metade "demos un paso adiante sen balón. Apertamos un pouco máis arriba. Esa foi a principal diferenza. Logo atopamos ben os espazos polas bandas, cos laterais".

Indica que tralo 2-1, "tivémolos aí encerrados até o final. Unha pena porque nos facía ilusión pasar á seguinte rolda".

De cara ao partido do sábado 15 de setembro en Alcorcón (20:00 horas, LaLiga 1|2|3 TV), con Cristóbal Parralo, Javi Manjarín e Luis Fandiño, ex do Dépor, aos mandos do club madrileño, Mosquera asegura que "son un corpo técnico que tivemos aquí. Saudarémolos pero sempre tentando varrer para casa e lograr os 3 puntos".

Pola súa banda, Víctor García, que debutou en Zaragoza coa camiseta do Deportivo en partido oficial, dixo atoparse "persoalmente contento. Nos primeiros minutos custounos meternos no partido. O seu primeiro gol fíxonos moito dano. Pero creo que o equipo reaccionou ben e sobre todo na segunda parte, co gol de Fede, tivemos 2 ou 3 ocasións para poder empatar".

O fabrilista cualificou de "momentos duros" os goles do Zaragoza, no minuto 6 e o 50: "O equipo saía con moita ilusión a xogar o partido e ao final eles tiveron esa primeira ocasión que ha ir cara adentro, e tivémonos que refacer".

Contou como foi a súa incorporación ao primeiro equipo: "Antonte estaba en casa descansando, que viaxamos (co Fabril) a Madrid a fin de semana. Recibín unha chamada, que adestraba co primeiro equipo. E xa o que veu logo".

Confesa que esa chamada foi "unha sorpresa. Non o esperaba", conclúe.