RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Victoria B, rival do Deportivo Abanca B na eliminatoria previa de Copa

O Deportivo Abanca B medirase ao Victoria B na rolda previa da Copa Feminina de Primeira División, segundo o sorteo realizado na Federación Galega de Fútbol.

A eliminatoria xogarase o domingo 21 de maio, a partido único. O equipo que pase xogará os cuartos de final ante o Torre, xa a dobre partido, o domingo 28 de maio e o 4 xuño. As semifinais serán o 11 e 18 de xuño; e a gran final o 25 de xuño.

O Deportivo Abanca B finalizou a competición ligueira na Primeira División Autonómica en sexta posición. O conxunto deportivista sumou 46 puntos, con 14 vitorias, 4 empates e 10 derrotas. As branquiazuis anotaron 63 goles e encaixaron 34.

Ante o Victoria B houbo empate na primeira volta (1-1) e triunfo deportivista na segunda parte da liga (0-2).