RCD / NOVAS

O Victoria FC impide no último minuto o 16º triunfo consecutivo do Infantil A

06/01/2020 15:53

Un gol no último minuto do Victoria FC de Santiago privou ao Infantil A de lograr no Municipal do Sergas (1-1) o seu 16º triunfo consecutivo no grupo norte da liga Galega.

Ayana adiantou aos branquiazuis aos 5 minutos de xogo pero empataron os locais nos últimos instantes dun partido correspondente á 16ª xornada, que foi suspendida o pasado 21 de decembro de acordo coa alerta meteorolóxica emitida pola Xunta de Galicia para ese día.

A pesar deste empate, o Infantil A segue de líder destacado do grupo con 46 puntos.

Infantil A: Román, Zoe, Lucas, Úbeda, Guerrero, Dani Estévez, Ayana, Hugo Torres, Juan Barros, Oreiro e Jorge García. Tamén xogaron: Diego Miranda, Samuel e Javi Pita.

A próxima fin de semana, o Infantil A recibe en Abegondo á SD Viveiro A.

Os resultados do Infantil A até a data son os seguintes:

Bergantiños CF 0 - Infantil A 7 (Jorge García -2-, Oreiro, Zoe, Héctor -2- e Pablo)
Infantil A 3 (Lucas e Jorge -2-) - CD Lugo 0
Victoria CF 2 - Infantil A 5 (Oreiro, Beade, Jorge García -2- e Dani Estévez)
Infantil A 11 (Zoe, Guerrero -2-, Óscar -2-, Jorge García -3-, Héctor Beade, Lucas e Memet) - EF Lalín 1
Infantil A 11 (Jorge García -6-, Samuel -2-, Carballo, Zoe e Javi Pita) - Galicia Caranza 0
San Tirso SD 0 - Infantil A 9 (Jorge García -3-, Guerrero -3-, Oreiro, Úbeda e Pablo Parada)
Infantil A 6 (Jorge García -3-, Lucas, Diego Miranda e Javi Pita) - Racing de Ferrol 0
Ural CF 0 - Infantil A 5 (Jorge García -3-, Pablo Parada e Noé)
Infantil A 2 (Jorge García -2-) - Bertamiráns FC 0
Sálvora CF 0 - Infantil A 8 (Óscar -3-, Úbeda -2-, Juan Barros -2- e Lucas)
Infantil A 5 (Samuel, Lucas, Zoe e Juan Barros -2-) - ED Xuventude de Oroso 0
Atlético Coruña Montañeros CF 0 - Infantil A 3 (Pablo Parada, Jorge García e Zoe)
Infantil A 2 (Dani Estévez e Jorge García) - CD Conxo Santiago 0
CD Calasanz 0 - Infantil A 6 (Dani Estévez, Beade -2-, Jorge García -2- e Guerrero)
Infantil A 9 (Guerrero -3-, Samuel -2-, Diego Miranda, Lucas -2- e Zoe) - SDCyR Narón O Freixo 1
Victoria FC 1 - Infantil A 1 (Ayana)