RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O vixente campión de España, o Xuvenil A, inaugura a súa marcadora de vitorias

O vixente campión de España, o Xuvenil A, sumou a súa primeira vitoria en liga no grupo 1º da División de Honra ao derrotar no campo 3 de Abegondo ao CD Bezana (2-0), en choque correspondente á 2ª xornada.

Diego Gómez encarrilou o partido cun tanto ao oito minutos de partido; e Hugo Baldomar, ao fío do descanso, achegaba xa definitivamente ao Xuvenil Á a súa primeira vitoria ligueira.

Con este resultado, o conxunto que prepara Manuel Pablo suma catro puntos de seis posibles.

Xuvenil A: Hugo Ríos, Nacho, Manu Rivas, Seydiba, Mauro, Rubén, Pablo Trigo, Urdiales, Martín Ochoa, Hugo Baldomar e Diego Gómez. Tamén xogaron: Mardones, Álex Delgado, Garaboa, Álex Bermejo e Mario.

A próxima fin de semana de novo toca partido en Abegondo, esta vez ante o CD Covadonga.

Os resultados do Xuvenil A até a data son os seguintes:

Real Oviedo 2 - Xuvenil A 2 (Urdiales e Nájera)
Xuvenil A 2 (Diego Gómez e Hugo Baldomar) - CD Bezana 0