RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil A acariñou o triunfo nun emocionante derbi ante o RC Celta

O Xuvenil A acariñou o triunfo (2-2) en Vigo no derbi ante o RC Celta, correspondente á 17ª xornada na División de Honra, primeira da segunda volta.

O partido resolveuse na última media hora. Adiantáronse os célticos no minuto 63. Sarmiento e Luque puxeron en vantaxe ao Xuvenil A no tramo final; e o RC Celta igualou o choque no minuto 90.

Con este resultado, o Xuvenil A marcha 3º na táboa con 31 puntos.

Xuvenil A: Alberto, Iván, Pedro, Pablo Fraga, Yuste, Fito, Barba, Prendes, Noel, Mario e Sarmiento. Tamén xogaron: Edu Taboada, Luque e Barbeito.

A próxima fin de semana, o Xuvenil A recibe en Abegondo ao Deportivo Roces.

Os resultados do equipo que prepara Álex Antón son os seguintes:

Real Avilés 0 - Xuvenil A 3 (Gonçalo Oliveira -2- e Edu Taboada)
Xuvenil A 0 - RC Celta 2
CD Roces 0 - Xuvenil A 1 (Peke)
Xuvenil A 5 (Luque, Mario, Víctor e Sarmiento -2-) - CD Marina Sport 0
Xuvenil A 1 (Peke) - CD Lugo 1
Real Racing Club 0 - Xuvenil A 2 (Mario e Peke)
Xuvenil A 2 (Pol e Víctor Guerra) - Sporting de Gijón 2
Ural CF 3 - Xuvenil A 0
Xuvenil A 1 (Sarmiento) - Bansander 0
Real Oviedo 1 - Xuvenil A 2 (Edu Taboada e Peke)
Xuvenil A 2 (Sarmiento e Juan Rodríguez) - ED Val Miñor Nigrán 1
Racing de Ferrol 0 - Xuvenil A 1 (Mario)
Xuvenil A 0 - CD Conxo Santiago 1
Atlético Perines 1 - Xuvenil A 1 (Gonçalo Oliveira)
Xuvenil A 0 - CD Calasanz 0
Xuvenil A 6 (Luque, Barba, Edu Taboada, Sarmiento e Noel -2-) - Real Avilés CF 0
RC Celta 2 - Xuvenil A 2 (Sarmiento e Luque)