RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Xuvenil A corrixe erros á conta dun Bergantiños superior

Ademais do Alevín B o pasado martes, o Xuvenil A tamén tivo cita amigable esta semana. Foi hoxe xoves en Abegondo fronte ao Bergantiños de Terceira División. O resultado, que é o de menos, favoreceu ao equipo visitante (0-3), nun bo test para coller ritmo e corrixir erros por parte de Javi Álvarez, técnico deportivista.

O conxunto branquiazul marcha en cuarta posición do grupo 1º da División de Honra, con 7 puntos de 12 posibles.

Esta fin de semana, o Xuvenil A recibe en Abegondo ao Val Miñor A, o domingo 30 ás 17:00 horas. O partido corresponde á 5ª xornada no grupo 1º da División de Honra.

Teñen torneo amigable este sábado 29 de setembro outros 3 equipos de #ANOSACANTEIRA.

Alevín A e Benxamín A representarán ao RC Deportivo na Marosa Cup 2018, en Burela.

Os primeiros rivais do Alevín A serán o Viveiro A, Sarriana A, Milagrosa e Santiago de Foz A. Pola súa banda, o Benxamín A medirase á SD Ribadeo A e SCD Milagrosa A.

Pola súa banda, o Benxamín B acode á VII edición do Memorial Manolo Carrera, organizado pola Escola de Fútbol do CD Velle.

Neste torneo, o equipo branquiazul quedou encadrado no grupo C, co Ourense CF, ED Barbadás e Xuventude de Oroso.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría xuvenil
Xogado hoxe xoves: XUVENIL A 0 - BERGANTIÑOS (Terceira División) 3

Categoría alevín
IV Marosa Cup 2018 en Burela
Sábado 29 de setembro
Primeira Fase
11:00: ALEVÍN A - SD VIVEIRO A (campo 1)
13:30: ALEVÍN A - SARRIANA A (campo 1)
15:30: ALEVÍN A - SCD MILAGROSA A (campo 1)
17:00: SANTIAGO DE FOZ A - ALEVÍN A (campo 2)
Os dous primeiros clasificados do grupo xogan as semifinais, que se inician ás 18:30 horas

Xogado o pasado martes: ALEVÍN B 6 (Anxo -2-, Éder, Íker, Xabi e Balbas) - GALICIA CARANZA A 3

Categoría benxamín
IV Torneo Marosa Cup 2018 en Burela
Sábado 29 de setembro
Primeira Fase
12:30: BENXAMÍN A - SD RIBADEO A (campo 1)
14:30: SCD MILAGROSA A - BENXAMÍN A (campo 1)
Os dous primeiros de grupo acceden a cuartos de final, que se inician ás 17:30 horas.

VII Memorial Manolo Carrera no campo Monte da Aira de Velle (Ourense)
Sábado 29 de setembro
Primeira Fase
10:00: XUVENTUDE DE OROSO - BENXAMÍN B
11:40: BENXAMÍN B - OURENSE CF
13:40: ED BARBADÁS - BENXAMÍN B
Os dous primeiros clasificados acceden á Fase Final, que por eliminatoria desde cuartos de final arranca ás 16:30. Pola súa banda, os outros dous conxuntos xogan unha Fase de Consolación, que por eliminatoria tamén a partir de cuartos de final, comeza ás 16:00 horas.