RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Xuvenil A debuta na UEFA Youth League o 29 de setembro ás 18:00 en Szczecin (Polonia)

- Foto: @UEFAYouthLeague -

O Xuvenil A debutará o vindeiro mércores 29 de setembro ás 18:00 na UEFA Youth League. Será con motivo da visita ao MKS Pogoń Szczecin polaco, no choque de ida da primeira eliminatoria da Ruta dos Campións Nacionais. O escenario do encontro será o Estadio Municipal Florian Krygier da cidade de Szczecin. A volta terá lugar o 20 de outubro na Coruña.

O club polaco, do mesmo xeito que o Deportivo, debuta na principal competición continental de categorías inferiores. Como os branquiazuis, o MKS Pogoń Szczecin foi campión xuvenil do seu país en dúas ocasións, en 1986 e 2021.

Se os pupilos de Manuel Pablo superan ao conxunto polaco, o seu rival na segunda rolda será o vencedor do cruzamento entre o FK Žalgiris Vilnius lituano e o Maccabi Haifa FC israelí. Neste caso, o Xuvenil A xogaría o encontro de ida na Coruña o 3 de novembro e o 24 dese mesmo mes disputaría o partido de volta en Lituania ou Israel.

Os oito gañadores desa segunda eliminatoria emparellaranse despois cos oito subcampións da Ruta Champions League nunha eliminatoria que se sorteará o 14 de decembro e xogarase o 8 e 9 de febreiro, a partido único. De aquí sairán os oito equipos que completarán os oitavos de final cos oito campións de grupo da Ruta Champions League, cuxo sorteo terá lugar o 14 de febreiro e xogarase entre o 1 e 2 de marzo, tamén a partido único.

Arranque ligueiro con empate en Oviedo

O Xuvenil A iniciou o pasado sábado a competición ligueira no grupo 1º de División de Honra cun empate (2-2) en Oviedo.

Este domingo 12 de setembro ás 12:00, o Xuvenil A recibe en Abegondo ao CD Bezana con motivo da segunda xornada de liga.