RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Xuvenil A dobra o xeonllo en Sevilla nos cuartos de final da Copa de Campións

Despois dunha histórica temporada, con partidos inesquecibles en ABANCA-RIAZOR na UEFA Youth League, citas que asombraron a toda Europa polas actuacións dos canteiráns así como polo masivo apoio de #ANOSAFORZA, o Xuvenil A dobrou hoxe domingo o xeonllo ante o Real Betis (3-1) nos cuartos de final da Copa de Campións, eliminatoria xogouse a partido único na Cidade Deportiva Luis del Sol, posto que a bética foi a bóla que saíu en primeiro lugar no sorteo.

Martín Ochoa foi o autor do único tanto deportivista que no primeiro tempo subía o 1-1 provisional no marcador. Após o descanso, o Betis puxo terra polo medio e, con dous goles máis, sentenciou un choque no que brillou o gardameta Deportivista. 

Os verdibrancos accederon a estes cuartos de final como campións do grupo IV da División de Honra con 111 puntos por diante do Granada CF, segundo con 107. En 42 partidos os béticos gañaron 35, empataron 6 e perderon 1. O seu balance goleador é de 113 tantos marcados e 17 encaixados.

Pola súa banda, o Xuvenil A, mellor segundo dos 7 grupos, defendía así o seu título aínda vixente de campión de España.

Manuel Pablo, técnico deportivista, puido contar con David Mella, apeado en cuartos de final do Campionato de Europa sub-17 por Portugal. O canteirán viaxou directamente da concentración da selección española en Israel a Sevilla e onte sábado xa se adestrou na Cidade Deportiva José Ramón Cisneros Palacios, do Sevilla FC, co resto dos seus compañeiros.

Xuvenil A: Ríos, Carlos, Seydiba, Mauro, Álex González, Rubén, Nájera, Jairo, Martín Ochoa, Diego e Mella. Tamén xogaron: Hugo Baldomar, Quique Teijo, Manu Berrocal, Pablo Trigo e Mardones.