RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil A dobrega ao Real Avilés CF e debutará na UEFA Youth League como líder da División de Honra

O Xuvenil A dobregou ao Real Avilés CF (1-2) e debutará o mércores na UEFA Youth League como líder do grupo 1º da División de Honra.

No Estadio Román Suárez Puerta avilesino, Pablo Trigo adiantou ao conxunto deportivista aos 38 minutos pero igualou o Real Avilés no 47. Cando todo parecía abocado ao empate, de novo Trigo, de penalti, anotou o gol que valía o tres puntos.

Con este resultado, o equipo que prepara Manuel Pablo suma 10 puntos á fronte da categoría.

Xuvenil A: Brais, Quique Teijo, Manu Rivas, Seydiba, Mauro, Rubén, Nacho, Urdiales, Pablo Trigo, Hugo Baldomar e Diego. Tamén xogaron: Álex González, Garaboa, Kevin e Embid.

Este mércores 29 de setembro ás 18:00 horas, o Xuvenil A fará historia co debut do RC Deportivo na UEFA Youth League. Será con motivo da visita ao MKS Pogoń Szczecin polaco, no choque de ida da primeira eliminatoria da Ruta dos Campións Nacionais. O escenario do encontro será o Estadio Municipal Florian Krygier da cidade de Szczecin. 

Os resultados do Xuvenil A até a data son os seguintes:

Real Oviedo 2 - Xuvenil A 2 (Urdiales e Nájera)
Xuvenil A 2 (Diego Gómez e Hugo Baldomar) - CD Bezana 0
Xuvenil A 6 (Martín Ochoa -4-, Hugo Baldomar e Garaboa) - CD Covadonga 1
Real Avilés CF 1 - Xuvenil A 2 (Pablo Trigo -2-)