RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Xuvenil A fai os deberes en liga antes do histórico partido de UEFA Youth League do mércores en ABANCA-RIAZOR

O Xuvenil A fixo os deberes en liga ao derrotar (2-1) ao Pontevedra CF na 7ª xornada da División de Honra. Pablo Trigo e Mella foron os autores dos goles branquiazuis, os dous na recta final do encontro.

Os granates chegaban ao partido na zona baixa da categoría pero opuxeron unha feroz resistencia antes de dobrar o xeonllo. É máis, mesmo recortaron diferenzas a cinco minutos para o asubío final.

Con este resultado, o conxunto que prepara Manuel Pablo é líder da categoría con 19 puntos.

Xuvenil A: Brais, Quique Teijo, Álex González, Seydiba, Mato, Embid, Padín, Hugo Baldomar, Pablo Trigo, Diego Gómez e Garaboa. Tamén xogaron: Nájera, Mella, Nacho, Mario e Manu Rivas.

Os branquiazuis céntranse xa na histórica cita deste mércores 20 de outubro en ABANCA-RIAZOR (20:00 horas) fronte ao MKS Pogoń Szczecin, na volta da primeira eliminatoria da Ruta dos Campións Nacionais da UEFA Youth League.

A próxima fin de semana, o Xuvenil A regresa á competición doméstica coa visita ao Atlético Perines.

Os resultados do Xuvenil A até a data son os seguintes:

Real Oviedo 2 - Xuvenil A 2 (Urdiales e Nájera)
Xuvenil A 2 (Diego Gómez e Hugo Baldomar) - CD Bezana 0
Xuvenil A 6 (Martín Ochoa -4-, Hugo Baldomar e Garaboa) - CD Covadonga 1
Real Avilés CF 1 - Xuvenil A 2 (Pablo Trigo -2-)
Xuvenil A 5 (Pablo Trigo -3-, Álex González e Nacho) - Pabellón Ourense CF 0
CD Lugo 0 - Xuvenil A 1 (Trigo)
Xuvenil A 2 (Pablo Trigo e Mella) - Pontevedra CF 1