O Xuvenil A protagonizou en Xixón ante o CD Roces (0-3) o mellor partido até a data da temporada.
Os branquiazuis, superiores ao seu rival, asinaron un merecido triunfo cos goles de Kilian -2- e Litos.
Con este marcador da 10ª xornada, o Xuvenil A suma 17 puntos na 6ª praza do grupo 1º da División de Honra.
Xuvenil A: Brea, Valín, Castrín, Iván, Juan, Prendes, Litos, Armas, Gonzalo, Jorge e Íñigo. Tamén xogaron: César, Álex, Óscar e Kilian.
A próxima fin de semana, o Xuvenil A volve xogar lonxe de Abegondo. Esta vez o seu rival será o Alondras, o sábado 10 de novembro ás 16:00 horas en Cangas (Pontevedra).
Os resultados do conxunto que dirixe Javi Álvarez son os seguintes:
Xuvenil A 5 (Prendes -2-, Armas, Álex e Íñigo) - Atlético Perines 0
Oviedo 1 - Xuvenil A 1 (Armas)
Xuvenil A 3 (Israel, Álex e Kilian) - Ural 1
CD Colindres 1 - Xuvenil A 0
Xuvenil A 1 (Álex) - Val Miñor 0
Lugo 2 - Xuvenil A 0
Xuvenil A 1 (Litos) - Sporting de Gijón 1
CD Covadonga 2 - Xuvenil A 3 (Prendes, Armas e Valín)
Xuvenil A 1 (César) - Celta 2
CD Roces 0 - Xuvenil A 3 (Kilian -2- e Litos)