RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil A golea ao Lugo no inicio da segunda volta

O Xuvenil A goleou en Abegondo con todo merecemento ao CD Lugo (3-0) e mantén a pelexa co RC Celta polo liderado do subgrupo A de a División de Honra.

Despois de dez partidos xogados, os vigueses son líderes con 25 puntos; por 23 puntos dos branquiazuis, segundos na táboa.

Yeremay 'Peke', Raúl e Urdiales foron os goleadores do Xuvenil A ante os lucenses, inferiores neste partido ao conxunto que prepara Óscar Gilsanz.

Xuvenil A: Brais, Víctor Guerra, Mauro, Nico, Dani Barcia, Brais Val, Canales, Raúl, Noel, Nájera e Yeremay 'Peke'. Tamén xogaron: Urdiales, Martín Ochoa, Jairo e Fuentes.

A próxima fin de semana, o Xuvenil A enfróntase na Coruña ao CD Calasanz, no segundo partido da segunda volta.

Os resultados do Xuvenil A en liga son os seguintes:

CD Lugo 3 - Xuvenil A 0
Xuvenil A 5 (Do Carmo -2-, Padín e Nájera -2-) - CD Calasanz 1
CD Conxo Santiago 1 - Xuvenil A 1 (Padín)
Xuvenil A 2 (Peke -2-) - ED Val Miñor Nigrán 0
RC Celta 1 - Xuvenil A 2 (Peke e Do Carmo)
Xuvenil A 3 (Mario, Do Carmo e Nájera) - CD Choco 1
Racing de Ferrol 1 - Xuvenil A 1 (Noel)
Pabellón Ourense CF 2 - Xuvenil A 3 (Canales, Dani Barcia e un futbolista rival en propia meta)
Xuvenil A 5 (Peke -2-, Nájera, Urdiales e Padín) - Ural Español CF 0
Xuvenil A 3 (Yeremay 'Peke', Raúl e Urdiales) - CD Lugo 0