RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil A golea ao Real Avilés CF en vésperas do derbi ante o RC Celta

O Xuvenil A goleou (6-0) ao Real Avilés CF no partido correspondente á 16ª xornada no grupo 1º da División de Honra, que foi suspendida o pasado 21 de decembro de acordo coa alerta meteorolóxica emitida pola Xunta de Galicia para ese día.

O choque ante os asturianos foi unha demostración ofensiva branquiazul xusto antes de visitar ao RC Celta, o vindeiro domingo 12 de xaneiro en Vigo (16:30 horas).

Luque, Barba, Edu Taboada, Sarmiento e Noel (2) foron os autores dos goles nun partido de claro dominio deportivista.

Con este resultado, o Xuvenil A marcha 3º na táboa con 31 puntos.

Xuvenil A: Alberto, Iván, Pol, Pablo Fraga, Juan, Fito, Luque, Barba, Edu Taboada, Sarmiento e Noel. Tamén xogaron: Manu, Padín, Litos e Gonçalo Oliveira.

Os resultados do equipo que prepara Álex Antón son os seguintes:

Real Avilés 0 - Xuvenil A 3 (Gonçalo Oliveira -2- e Edu Taboada)
Xuvenil A 0 - RC Celta 2
CD Roces 0 - Xuvenil A 1 (Peke)
Xuvenil A 5 (Luque, Mario, Víctor e Sarmiento -2-) - CD Marina Sport 0
Xuvenil A 1 (Peke) - CD Lugo 1
Real Racing Club 0 - Xuvenil A 2 (Mario e Peke)
Xuvenil A 2 (Pol e Víctor Guerra) - Sporting de Gijón 2
Ural CF 3 - Xuvenil A 0
Xuvenil A 1 (Sarmiento) - Bansander 0
Real Oviedo 1 - Xuvenil A 2 (Edu Taboada e Peke)
Xuvenil A 2 (Sarmiento e Juan Rodríguez) - ED Val Miñor Nigrán 1
Racing de Ferrol 0 - Xuvenil A 1 (Mario)
Xuvenil A 0 - CD Conxo Santiago 1
Atlético Perines 1 - Xuvenil A 1 (Gonçalo Oliveira)
Xuvenil A 0 - CD Calasanz 0
Xuvenil A 6 (Luque, Barba, Edu Taboada, Sarmiento e Noel -2-) - Real Avilés CF 0