RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Xuvenil A inicia mañá en Lalín unha nova fin de semana de amigables en #ANOSACANTEIRA

O Xuvenil A arranca mañá venres 12 de agosto no Estadio Manuel Anxo Cortizo de Lalín ante o conxunto dezano, de Primeira Autonómica, unha nova fin de semana de amigables para #ANOSACANTEIRA.

Será a cuarta cita para os pupilos de Manuel Pablo nesta pretemporada trala derrota ante o Real Madrid CF (0-4) e os empates ante CSD Arzúa (2-2) e UD Paiosaco (1-1), estes dous últimos equipos de Tercera RFEF.

Ademais do Xuvenil A teñen cita o sábado en Abegondo o Fabril ante o Bergantiños CF de Segunda RFEF (11:00, campo 4); e o Xuvenil B fronte ao CD Calasanz (10:00 horas, campo 5).

Estréanse en pretemporada tamén o Dépor ABANCA B (domingo en Ribadumia) ante o Umia CF do seu mesma categoría, Primeira Nacional; e o San Tirso SD cadete o sábado 13 (10:30 h.) ante o Bertamiráns FC no campo do equipo santiagués.

O calendario de partidos xa confirmados, sempre susceptible de sufrir variación nos próximos días, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira RFEF
FABRIL 1 (Jairo) - UD SOMOZAS 0
FABRIL - BERGANTIÑOS CF, o sábado 13 de agosto ás 11:00 en Abegondo (campo 4)

Categoría feminina
UMIA CF - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 14 de agosto ás 11:00 no campo da Bouza (Barrantes, Ribadumia)

Categoría xuvenil
XUVENIL A 1 (Garaboa) - UD PAIOSACO 1
CD LALÍN, de Primeira Autonómica - XUVENIL A, mañá venres 12 de agosto ás 18:30 no Manuel Anxo Cortizo

SAN TIRSO SD, de Preferente Autonómica 2 - XUVENIL B 1 (David Domínguez)
XUVENIL B - CD CALASANZ A, o sábado 13 de agosto ás 10:00 en Abegondo

Categoría cadete
BERGANTIÑOS CF xuvenil 1 - CADETE 0

BERTAMIRÁNS FC - SAN TIRSO SD, o sábado 13 de agosto ás 10:30 no Municipal de Bertamiráns